lunes, 12 de diciembre de 2011

Mapa da unificación Alemana.

En 1815,o territorio alemán estaba dividido en 39 Estados. O Congreso de Viena agrupounos na denominada Confederación Xermánica, que estaba presidida por Austria.
En 1834 Prusia organizou unha unión aduaneira, na que non participaba Austria. O avance do nacionalismo fíxose patente na revolución de 1848, cando un Parlamento reunido en Fránkfurt lle ofreceua coroa dunha Alemaña unificada ao rei de Prusia, pero este non aceptou.
En 1866, Prusia venceub a Austria na batalla de Sadowa e creou a Confederación de Alemaña do norte. En 1870, tras a vitoria sobfre Francia en Sedán, os Estados do sur uníronse á confederación. En 1871 nacía asi o imperio alemán.

Mapa da unificación Italiana.

A iniciativa da unificación partiu do reino de Piemonte, en especial do seu primeiro ministro Cavour, que logrou que o emperador francés Napoleón III apoiase as demandas italianas.
O proceso de unificación foi militar. En 1859, o exército franco-piomontés derrotou nas batallas de Magenta e Solferino aos austríacos, que lle cederon Lombardía a Piemonte. Alcanza a paz no norte, o republicano Garibaldi, á fronte dun exército de voluntarios, os <>, conquistou os Estados do sur.
En 1861 proclamouse o reino de Italia, e o seu primeiro rei foi Vítor Manuel II, rei de Piemonte. Só Venecia e os Estados Pontificios quedaron fóra do reino, ao que se incorporaron en 1866 e 1870, repectivamente.

Mapa de Europa despois do Congreso de Viena.

Tras a derrota de Napoleón, as potencias buscaron unha nova distribución territorial que garantise unha paz durareira e evitase novas revolucións. NoCongreso de viena (1815) modelouse o novo mapa europeo. O Congreso tivo tres protagonistas: Metternich, ministro de Austria; Alexandre I, tsar de Rusia, e Talleyrand, ministro de exteriores francés.As modificancións que se introduciron no mapa de Europa tiñan como obxectivos reducir o número de Estados e frear o expansionismo francés. Os principais cambios foron tres:Francia volveu ás fronteiras que tiña antes da Revolución.Fortaleceronse dous Estados tapón (Termo diplomático que fai referencia a un país situado entre dúas potencias que poden chegar a ser hostís e que, coa súa presenza, prevén un enfrotamento.)para dificultar unha posible expasión francesa. No norte, o reino de Holanda asimilou Bélxica,e no sur , o reino de Piemonte recibiu Saboia e Xénova.Austria, Prusia e Rusia gañaron territorios de forma equilibrada, para que ningunha adquirise hexemonía sobre os demais.O congreso de Viena iniciou o sistema de congresos. A partir de entón, as potencias decidiron reunirse para discutir os problemas internacionais e solucionalos mediante o diálogo, co que se evitaba o enfrontamento militar.Pero o congreso de Viena creou novos problemas, como as falsas unións de Bélxica e Holanda ou de Suecia e Noruega, e non resolveu os nacionalismos non tidos en conta de Polonia, Italia ou Alemaña, Cuestións que centrarán a política do século XIX.

Mapa do imperio napoleónico.

O Primeiro Imperio Francés é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba. Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.Baixo o primeiro imperio tiveron lugar en Europa as chamadas guerras revolucionarias, ou a segunda guerra dos Cen Anos segundo as fontes, guerras coñecidas baixo o nome de Guerras Napoleónicas. Grazas ás súas vitorias e alianzas militares Napoléon Bonaparte deu expandido o Imperio sobre a case totalidade da Europa continental. Así mesmo, o destino do Imperio estivo intimamente vinculado ao do seu exército.
Por outra banda, o Primeiro Imperio desenvolveuse nun período que deixou gran calado na historia das institucións francesas. Deste xeito, en 1801, foi asinado un primeiro concordato con Pío VII, en 1804 foi promulgado o Código Civil de Francia, tamén coñecido como Code Napoléon, e máis en 1808 foi creada aUniversidade, unha institución dependente do Estado. Amais destes cambios na vida política francesa, tamén foron realizadas grandes obras públicas durante este periplo.
O Primeiro Imperio Francés foi un réxime en permanente estado de defensa ante as inxerencias estranxeiras. Foi a constante presión exercida polas monarquías absolutistas o que finalmente lle cobrou ao emperador Napoleón o prezo de perder o seu trono. A longa e sanguenta retirada no duro inverno ruso e unha serie de derrotas en Leipzig e a campaña dos Seis Días tiveron o elevado custo de perder paulatinamente ao seu exército, precipitando a caída do Imperio.
Aproveitando o estado dunha Francia exhausta, e contando coa axuda deTalleyrand ou Fouché, os aliados entraron en París e, mediante o tratado de Fontainebleau, terminaron co dominio francés sobre Europa, exiliando ao Emperador na Illa de Elba. O regreso de Napoleón a Francia foi seguido polosCen Días, un breve período de restauración imperial.
Durante estes Cen Días Napoleón ofreceu a paz ás potencias europeas. Estas apresuráronse a montar unha nova ofensiva contra Francia, o cal obrigou a Napoleón a pór en pé un novo exército, pero as súas forzas minguadas foron neutralizadas polas potencias aliadas durante a campaña de Bélxica de 1815, que se terminou coa histórica batalla de Waterloo. Restaurados no trono osBorbóns, desencadearían a onda de masacres punitivas coñecidas como "o Terror branco", ordenadas directamente por Lord Liverpool, primeiro ministro inglés.

Cuadro cronológico Imperio Napoleónico.

Cuadro cronológico Revolución Francesa.


Mapa proceso de independencia americano.



Mapa físico de Europa.

Mapa político de Europa.