O Primeiro Imperio Francés é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba. Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.Baixo o primeiro imperio tiveron lugar en Europa as chamadas guerras revolucionarias, ou a segunda guerra dos Cen Anos segundo as fontes, guerras coñecidas baixo o nome de Guerras Napoleónicas. Grazas ás súas vitorias e alianzas militares Napoléon Bonaparte deu expandido o Imperio sobre a case totalidade da Europa continental. Así mesmo, o destino do Imperio estivo intimamente vinculado ao do seu exército.
Por outra banda, o Primeiro Imperio desenvolveuse nun período que deixou gran calado na historia das institucións francesas. Deste xeito, en 1801, foi asinado un primeiro concordato con Pío VII, en 1804 foi promulgado o Código Civil de Francia, tamén coñecido como Code Napoléon, e máis en 1808 foi creada aUniversidade, unha institución dependente do Estado. Amais destes cambios na vida política francesa, tamén foron realizadas grandes obras públicas durante este periplo.
O Primeiro Imperio Francés foi un réxime en permanente estado de defensa ante as inxerencias estranxeiras. Foi a constante presión exercida polas monarquías absolutistas o que finalmente lle cobrou ao emperador Napoleón o prezo de perder o seu trono. A longa e sanguenta retirada no duro inverno ruso e unha serie de derrotas en Leipzig e a campaña dos Seis Días tiveron o elevado custo de perder paulatinamente ao seu exército, precipitando a caída do Imperio.
Aproveitando o estado dunha Francia exhausta, e contando coa axuda deTalleyrand ou Fouché, os aliados entraron en París e, mediante o tratado de Fontainebleau, terminaron co dominio francés sobre Europa, exiliando ao Emperador na Illa de Elba. O regreso de Napoleón a Francia foi seguido polosCen Días, un breve período de restauración imperial.
Durante estes Cen Días Napoleón ofreceu a paz ás potencias europeas. Estas apresuráronse a montar unha nova ofensiva contra Francia, o cal obrigou a Napoleón a pór en pé un novo exército, pero as súas forzas minguadas foron neutralizadas polas potencias aliadas durante a campaña de Bélxica de 1815, que se terminou coa histórica batalla de Waterloo. Restaurados no trono osBorbóns, desencadearían a onda de masacres punitivas coñecidas como "o Terror branco", ordenadas directamente por Lord Liverpool, primeiro ministro inglés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario