lunes, 12 de diciembre de 2011
Mapa de Europa despois do Congreso de Viena.
Tras a derrota de Napoleón, as potencias buscaron unha nova distribución territorial que garantise unha paz durareira e evitase novas revolucións. NoCongreso de viena (1815) modelouse o novo mapa europeo. O Congreso tivo tres protagonistas: Metternich, ministro de Austria; Alexandre I, tsar de Rusia, e Talleyrand, ministro de exteriores francés.As modificancións que se introduciron no mapa de Europa tiñan como obxectivos reducir o número de Estados e frear o expansionismo francés. Os principais cambios foron tres:Francia volveu ás fronteiras que tiña antes da Revolución.Fortaleceronse dous Estados tapón (Termo diplomático que fai referencia a un país situado entre dúas potencias que poden chegar a ser hostís e que, coa súa presenza, prevén un enfrotamento.)para dificultar unha posible expasión francesa. No norte, o reino de Holanda asimilou Bélxica,e no sur , o reino de Piemonte recibiu Saboia e Xénova.Austria, Prusia e Rusia gañaron territorios de forma equilibrada, para que ningunha adquirise hexemonía sobre os demais.O congreso de Viena iniciou o sistema de congresos. A partir de entón, as potencias decidiron reunirse para discutir os problemas internacionais e solucionalos mediante o diálogo, co que se evitaba o enfrontamento militar.Pero o congreso de Viena creou novos problemas, como as falsas unións de Bélxica e Holanda ou de Suecia e Noruega, e non resolveu os nacionalismos non tidos en conta de Polonia, Italia ou Alemaña, Cuestións que centrarán a política do século XIX.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario